All posts in Sen categorizar

2 Posts

Transgresión entre rejas

Mi querido compa David Urra y yo estaremos en el Tattoo Circus con la charla Transgresión entre rejas para hablar sobre disidencias sexuales y de género en la cárcel. Una realidad muy invisibilizada sobre la que es necesario hablar más y generar espacios como este para visibilizar y repensar de manera crítica y colectiva.

 

II Encontro de Artistas Novos

II Encontro Artistas Novos

Fai uns días que voltei do II EAN, despois de pasar unha semana nunha CIDADE que non era a cidade na que me encontraba.

O motivo polo que acudín a este evento resúmese en: participar e presenciar dende dentro os contidos e funcionamento dunha das propostas “artísticas” que se levan a cabo na Cidade da Cultura, decisión que me produciu grandes debates morais por ser o que é, non nos enganemos: o gran despilfarro da Galiza A.K.A. Mausoleo de Fraga.

A continuación un artículo escrito por Rosa Olivares sobre o tema en cuestión:

¿No hay dinero?

Ó final da historia (EAN) non consiste en dar “palmaditas” porque participei deste encontro cunha beca e tódolos gastos cubertos (dito sexa), a miña posición non varía en canto a este proxecto arquitectónico se refire: nin acepto, nin aprobo o que se fixo.

Alén diso e como sempre dixen os meus amigxs: O MAL XA ESTÁ FEITO, a cuestión agora é o que se fai dentro.

O meu segundo interese, vinculado có primeiro, céntrase no panorama da Arte dixital na Galiza, coñecer o que se está a producir dende artistas e espacios varios. Este é un proxecto libre que me propuxen no meu voltar á Terra e que intento levar a cabo cando teño tempo, namentres vou recopilando info para facer máis adiante unha análise/documentación.

Doutra banda, tiña pensado deixar a miña impresión sobre a experiencia dende un punto crítico, mais logo de ler a crónica da compañeirx Carla Boserman deduzo que prácticamente xa está todo dito e que seguramente eu non o faría mellor:

Desde el interior de la ballena: lo que me llevo del Gran Hermano del arte

O asunto poderíase extender moito noutros aspectos do encontro, con todo non podo evitar referirme a un comentario dito no último día do Foro Aberto, cando unha das persoas aludiu a estrañeza que lle causaba a ausencia de traballos que trataran o tema da crise (dato có que estou en desacordo). Con estas palabras activáronse algunhas das miñas neuronas (post-maratón-artística + resaca-considerable) que espertaron en min unha sonrisa irónica mentres levantaba a cabeza ollando dun lado ó outro: A CRISE É ESTO.