Os microenlaces entre átomos
producen esta molécula
Os macroenlaces entre o meu eu-con-e-outre
producen o meu xénero no mundo
A miña interface-corpo relaciona-se
a través de distorsións permanentes
Sucumbir
desde o simbólico
Transitar
ao real
Mensaxeira química do corpo
a través do torrente sanguíneo
hacia os meus tecidos e órganos
a través do inconsciente
hacia a minha subxectividade
Formatear
dar formato
linhas de significantes entrelazadas
variables - funcións
variantes - fluctuacións
en continuo movemento
dende servidores ubicados nalgún recuncho frío
ata esta pantalha
Interface-corpo
sistema de códigos simultáneos
semiótico - técnico
lingüístico - corporal
Escribir sobre o Ser
unívoco e permanente
é unha paradoxa
Ephemera ego sum
Refágo-me
Re/invento-me
Pregúntome canto de min hai/queda
entre o meu eu de agora e antes
no devenir de min mesmo
As dúbidas de ser
non ser
e querer ser
A mirada dé outre
A mirada de min mesmo a través dé outre
A mirada dé outre a sí mesmo a través de min
Somos Soma