• Habitar e (des)aparecer

Habitar e (des)aparecer

O ciclo de visualización Habitar e (des)aparecer proponse no ámbito das actividades do Arquivo ARES. Estéticas, identidades e práticas audiovisuais na Espanha (www.aresvisuals.net). Dende a noción de habitar como unha exixencia complexa que transcende a mera ocupación física do espazo, enfrentamo-nos, no nosso presente máis imediato, a profundos dilemas sobre como assumir o compromisso e as diferentes posicións que isso require. Nun tempo no que a aceleración, a fugacidade, o desaparición fanos sentir fráxiles ante a certeza do límite, a vontade de crear, concebir, proxectar, ineludible para o ser humano, continua querendo dicir, resístese, aparece. As seis pezas de videoarte propostas afrontan este reto e visibilizan distintos encontros entre corpo e entorno, natureza e artificio, estética e política, abrindo as portas ós mundos selados da nossa vida contemporánea, guiadas pola coraxe de lembrarnos que aínda precisamos recuperar o tempo e aproximarnos a un lugar.

Coordinado por Rosa García e Anna Martínez-Collado.

  1. Canción de la armonía y el mundo (2004) de Marta de Gonzalo y Publio Pérez Prieto.
  2. To shave like a real man (2013) de Xeito Fole.
  3. Bestiari (2017) de Albert Merino.
  4. The Sasha (2019) de María Molina Peiró.
  5. Future Foods (2021) de Gerard Ortín Castellví.
  6. Dialelo. Debimos haberlo previsto (2022) de Andrés Garo.

30 de novembro de 2023, 16:00-18:00 h. Aula 106, Facultad de Bellas Artes de Cuenca, Universidad de Castilla-La Mancha.v

Date: 2023 Exhibition: Facultade de Belas Artes de Cuenca Skills: Investigación, Multimedia, Performance, Vídeo
Ir o contido