P.A.F.F. Programa Artístico Feminista de Formación


Afondamos no corazón dos arquivos e os datos, desvelando a investigación e o proceso do proxecto Cómo non ver como o Estado de @a.ndreacorral.s e @nontenxeito no marco de Emergències VII, a residencia artística e programa de formación de @femartmostra

Martes 11 de novembro, 18:00 h en @caladona_

A través da análise de cifras estatísticas, censos, arquivos, leis e informes que visibilizan/producen categorías ou grupos sociais desde o aparato represivo do Estado, cuestionamos as estruturas de poder que operan a través das tecnoloxías de visualización e control de datos. Como podemos apropiarnos e subverter a lóxica das tecnoloxías da imaxe? Como podemos crear imaxes que non nos poñan en perigo?

Emergències VII é unha residencia de investigación e produción artística que explora os arquivos, como creamos memoria e como se proxectan os futuros desde unha perspectiva consciente dos procesos de acumulación, esquecemento, memoria e encontro.