
Abrimos un espazo de conversa con Proyecto UNA para pensar xuntes que está a pasar nas e coas redes sociais hexemónicas. Preguntámonos como se modela a nosa mirada, quen decide o que vemos e de que maneira, e por que os discursos de odio se volven virais. Tamén reflexionaremos sobre que queda da nosa autonomía nun ecosistema gobernado por algoritmos que operan con lóxicas tecnofeudais e por uns termos e condicións de uso opacos e non negociables. Esta sesión quere abordar, desde unha mirada crítica, o tecnocapitalismo neoliberal que sostén as plataformas privativas: a manipulación algorítmica, a censura automatizada e as políticas dixitais que condicionan a visibilidade, o comportamento e as relacións en liña.
Reflexionaremos tamén sobre o tecnofeudalismo, un sistema no que as grandes plataformas actúan como “señoríos dixitais”, confrontando infraestruturas e capturando datos, tempo e interaccións para convertelos en rendas e posicións de poder. Analizaremos como este monopolio de acceso afecta a nosa capacidade de acción e que estratexias podemos imaxinar para recuperar soberanía.
Será unha conversa aberta e accesible para todas as persoas con inquedanzas sobre as contornas dixitais: tanto para quen queira comprender como funcionan os algoritmos como para quen busque ferramentas para actuar, imaxinar ou construír outras formas de rede posibles.
Charla con Proyecto UNA y después, conversación dinamizada por Xeito Fole y Rodri Yrigoyen del Gremio Digital. Proponemos una sesión donde pensar de manera crítica el tecnocapitalismo neoliberal inserto en las redes sociales privativas, la viralidad de los discursos de extrema derecha, la manipulación y la censura mediante algoritmos, términos y condiciones de uso y políticas digitales.
Más información en la web del Santa Mónica




















