Cómo non ver como o Estado

Cómo no ver como el Estado – Xeito Fole y Andrea Corrales.

O traballo combina investigación e producción artística, e céntrase en ampliar e alterar os imaxinarios relativos ao traballo sexual e os activismos prosex desde as alianzas estéticas, políticas e históricas entre traballo sexual e sexodisidencias. Pensar e resistir en torno á intersección entre traballo sexual e disidencias afectivas, sexuais e de xénero é unha posición que desafía as actuais rupturas producidas polo dispositivo xurídico entre as traballadoras sexuais e as disidencias sexo-xénero no Estado español

Andrea e Xeito, con todo, buscan prácticas de coidado na forma en que se producen imaxes. Pregúntanse: ¿Como xerar imaxes/producir imaxinarios que non poñan en perigo ás persoas? Sabiendo que as prácticas sexuais perseguidas son prácticas de risco, mediante un espazo de diálogo, resistencia e práctica crítica, o eixe central da súa investigación céntrase en xerar visibilidades que se correspondan con prácticas éticas, situadas e responsables coas comunidades

A partir do análisis de figuras estatísticas, censo, arquivos, leis e informes que visibilizan/producen categorías ou grupos sociais desde o aparato represor do Estado, cuestionan os dispositivos de poder que operan mediante a visualización de datos e tecnoloxías de control. Interésalles profundar nas técnicas de producción de verdade a partir do imperativo positivista e operacións de abstracción como fórmula para encubrir certas experiencias que non queren ser visibles, senón protexidas. Buscan romper cos relatos únicos e as narrativas sesgadas baixo as que se constrúen os arquivos e estatísticas estatais, borrando memorias, vidas e loitas compartidas.

Máis info: Exposición NoSymmetries

Date: 2024 Exhibition: Exposición NoSymmetries, La Capella Skills: Escritura, Investigación, Vídeo
Ir o contido