• #Error

#Error

Arquivo pessoal do erro:

Esta serie de imaxes son o resultado de provas random, erros e catástrofes varias durante os processos de creaçom, experimentaçom e aprendizaxe que, sem unha intençom inicial fun gardando como recordo, como arquivo pessoal, e nas que se mostra visualmente o falho e o erro, aquelo que normalmente non se debe mostrar nunha “procucção artística de calidade”.

Considero este feito unha das partes máis importantes do trabalho no ámbito de tecnoloxía e creaçom, da que ninguém está exento, onde a frustração e o “fracaso” fainos desplazar do nosso lugar de confort e desaprender a nossa relación com a tecnoloxía.

O erro surxe coma unha forza sinérxica na minha pantalha que transforma o curso do meu facer. Resultando imaxes rotas, avisos ou falhos do sistema.

Este arquivo comezou com unha captura cada vez que a palavra erro aparece na minha pantalha e pola cal normalmente tinha que volver a comezar, dar uns pasos cara atrás ou reiniciar o computador. Máis tarde prolongou-se a tódolos falhos e erros que me ocorrem na minha cotidianeidade.

Capturas de pantalha, 2013-2015

Date: 2013 - 2015 Skills: Multimedia
Ir o contido