• (Ser) Molecular

(Ser) Molecular

(Ser) Molecular é un proxecto de net art que che invita a unha viaxe persoal a través dos marcos da subxectividade, da identidade e da corporalidade. Por medio dunha fusión de imaxes, escritura, código de programación e a súa converxencia nunha pantalha, este proxecto ofrece unha exploración da existencia, onde unhe simultaneamente é e non é.

Adentrándose nas paisaxes do corpo e na construción das identidades trans, (Ser) Molecular navega polas dimensións macro (conceptuais-políticas) e micro (biolóxicas-moleculares) provocando reflexións sobre quen somos.

//

Só posso velarme / revelarme / desvelarme atraves da minha experiência poética

e furgar nela coma unhe nene faz com a areia da praia mentres as ondas venhem e vam.

Deixando / levando algo cada vez.

//

O MOLECULAR É POLÍTICO

Fico recostado na cama mirando o teito, escuto o meu respirar, ergo a cabeça levemente, miro os meus pés, movoos, num olhar percorro o meu corpo, ergo as mans, começo a mirar o meu braço, acerco-me tan perto que vexo os poros da pel, a sua textura, os pelinhos que saen afora coma se intentaram sair de min para ficar no aire. Penso… quem son? Tento aprofundar máis, pensar nos meus músculos, na capa de gordura que os recobre, nas veas, nos ossos. E pergúntome… onde está? onde deixo de ser e começo a ser?

Penso-me por dentro,  penso-me por fora, penso-me conceptualmente, penso-me performativamente; como me faço? que estam a fazer agora as minhas moléculas? fan-me ser? Falo com elas, falo com as hormonas que habitan a minha materia física tanxível, o meu corpo.

Neste processo todo o que me rodea entra no meu sistema. Toca-me, afecta-me, produce-me.

A história, a farmacopea, a definiçom de molécula, o primeiro experimento de síntese hormonal… As cadeas de signos e as metáforas políticas atravésan-me alí onde está a minha subxetividade, pasando por un vórtice espazo-temporal: É tudo no mesmo tempo e nom é nada.

  • A molécula é a partícula máis pequena que presenta toda-las propiedades físicas e químicas dumha sustância, e encontra-se formada por dous ou máis átomos.
  • A definiçom de xénero masculino ou femenino aparece em 1947 com a invençom do estróxeno e a proxesterona sintéticas utilizadas para produci-la píldora . Son as moléculas máis rentavéis de toda-la história do capitalismo farmacéutico.
  • Durante o s.XX a molécula da testosterona converte-se numha sustância comerciável xunto com a oxitocina, a serotonina,  a codeína, a cortisona, o estróxeno, etc que corresponden ao conxunto de moléculas disponivéis hoxe para fabricar as subxetividades e os afetos.
  • A testosterona é um andróxeno, esteroide derivado do ciclopentanoperhidrofenantreno, que tem 19 átomos de carbono, um dobre enlace entre C4 e C5, um átomo de osíxeno en C3 e um radical hidroxilo (OH) en C12. A súa fórmula é C19H28O2.

Sistema de comunicaçom / circulaçom / contaminaçom na definiçom performativa de mim mesmo.

Transmutar coma um chamán.

 

//

Así comecou o que deveu em Experiência Poética (ainda non estou certo se rematou).

Acesso á peça -> https://nontenxeito.net/ser-molecular/

Date: 2014 Skills: Escritura, Multimedia, net.art
Skip to content