FESTA DO 8 DE MARZO
Por que unha festa? Porque bailar, rir, abrazarnos e compartir un espazo de alegría tamén é unha forma de resistencia. É un acto de recuperación, de reclamar para nós un dereito que nos foi arrebatado: o dereito ao pracer, á felicidade, á comunidade. Nun mundo que nos fragmenta coa violencia da precariedade, coas fronteiras que nos dividen e cos xenocidios que nos deshumanizan, celebrar xuntas é un berro de vida. Nestes momentos, as nosas risas e os nosos corpos en movemento convértense nunha declaración: aínda que intenten calarnos, seguimos resistindo, seguimos amando e seguimos loitando.