• Non me coida a historia, cóidanme as arquivas
  • Non me coida a historia, cóidanme as arquivas

Non me coida a historia, cóidanme as arquivas

Participación e presentación do proxecto no marco da exposición Non me coida a historia, cóidanme as arquivas: Do 20 de marzo ó 15 de maio do 2025

Texto curatorial de FemArt:

Este ano queremos ponher o foco no “arquivo” como espazo creativo. O pasado pésanos e atravesa os nosos corpos; a Historia con maiúscula, ao igual que as forzas da orde ou os aparellos represivos do Estado, violéntanos coas súas dinámicas de desmemoria e esquecemento. A Mostra deste ano quere ponher o acento na reivindicación do corpo, da memoria e da creatividade por enriba da razón, da historia e do discurso.

O arquivo, igual que a nosa capacidade imaxinativa, é unha dimensión acolhedora, dinámica, inclusiva e xenerosa, sempre aberta a novas incorporacións e a intercambios. O pasado sobrevive nos seus obxectos nun estado atenuado, fantasmal pero resistente, sempre á espera de que outras persoas reactiven a súa vida propoñendo novas interpretacións que o conecten de novo co presente. O arquivo é o espazo onde os futuros posibles e as memorias das cousas permanecen e resisten o paso, a miúdo violento, da historia e a apatía inducida do presente.

A práctica artística opera confrontando de maneira extrema imaxes do pasado, repeticións e inercías con innovacións rupturistas, permitindo así aperturas radicais do conhecemento e da experiencia. Os obxectos artísticos son documentos de memoria de primeiro orde e conéctannos co pasado dun xeito particular. Pero tamén nos permiten transitar do persoal ao compartido, do individual ao colectivo e político.

Os corpos/obxectos artísticos expresan unha memoria dinámica que desborda os límites prefixados pola historia ou pola razón, e estimulan a capacidade de pensar ou crear novas imaxes. Nesta convocatoria convidámosvos a revolver o arquivo, curiosealo, coidalo, cocrear con el para liberar todos os futuros soterrados e facelos de novo imaxinables a través da práctica artística.

Con les artistas:
aïda e. borràs
Anna Fando Morell
Dèlia Rodríguez Camins
Helena Pérez
Inma Ramos Pizarro
La Erreria (House of Bent)
La Metro
Maira Colín
Mariona Ribas
Mireia Ludevid i Llop
Nani Miras e amigas
piliparra e Sílvia Terol Ledesma
Raquel Marcos / Solomillx
Xeito Fole e Andrea Corrales
Charlotte Nordgren Sewell

 

 

 

 

 

 

E a continuación o cartaz do conversatorio e apertura da investigación durante o ciclo de actividades.

Date: 2025 Exhibition: FemArt, Ca la Dona Skills: Investigación, Multimedia Website: https://femartmostra.org/no-em-cuida-la-historia-em-cuiden-les-arxives-2024-2025/
Ir o contido