• NOSYMMETRIES

NOSYMMETRIES

NOSYMMETRIES
Convocatoria aberta, ata o 29.11.2023
IDENSITAT + La Capella Centre d’Art (Barcelona)
No marco de CARE ECOLOGIES 2023-2025

NOSYMMETRIES é un proxecto de investigación que abrirá unha variedade de procesos artísticos ligados a cuestións pertinentes a tres ámbitos nos que a desigualdade social toma diversas formas. A convocatoria aberta buscará tres proxectos para colaborar cun grupo de traballo convidado previamente pola súa traxectoria e polo seu compromiso sociopolítico en proxectos de base e asuntos que aborden a desigualdade.

A metodoloxía de traballo consiste nun proceso colaborativo durante un mes en Barcelona entre un artista ou colectivo e un dos grupos de traballo convidados a participar no proxecto. Cada grupo de traballo ten predefinido un tema de investigación específico: Impulsem – Desigualdade e inserción laboral -; Xeito Fole e Andrea Corrales – Un baile e un calabozo: Traballo sexual e disidencias -; Florencia Brizuela e Ainhoa ​​Nadia Douhaibi – As estruturas do racismo: capitalismo, patriarcado e colonialismo. O artista ou colectivo que desexe participar neste proceso será seleccionado a través desta convocatoria aberta, tras presentar unha proposta que debe seguir un dos campos de investigación predefinidos.

NOSYMMETRIES explorará os conceptos de imaxinación crítica e creatividade social desde diversas perspectivas sobre a desigualdade social. Entendemos a conexión entre imaxinación crítica e creatividade social como un proceso colectivo para reunir propostas que vaian máis aló das visións dun estado permanente de colapso futuro. Neste caso, os conceptos mencionados refírense a actividades resultantes dunha combinación de responsabilidade e coidado individual e colectivo como unha forma de contribuír a unha nova imaxinación colectiva.

Info da convocatoria ➡ NOSYMMETRIES.

O grupo de trabalho Un baile y un calabozo: trabajos sexuales y disidencias liderado por Xeito Fole e Andrea Corrales propón un espazo de diálogo, resistencia e pensamento crítico en torno á intersección entre o trabalho sexual e as disidencias afectivas, sexuais e de xénero. O obxectivo é ampliar e alterar os imaxinarios visuais relacionados có trabalho sexual e o activismo prosex baseado en alianzas estéticas, políticas e históricas entre o trabalho sexual e as disidencias sexuais.

Para isso, proponhen os seguintes temas como puntos de partida para desenvolver un proxecto conxunto: ¿Canto da Lei de Perigo Social e Rehabilitación está actualmente en uso a través de políticas prohibicionistas e censorias contra a sexualidade e as súas economías? ¿Como podemos invocar a historia, as imaxes, a lei, a precariedade laboral e a represión compartida? ¿Que corpos/imaxinarios coexisten entre o mundo do sexo por diñeiro e as realidades das comunidades LGTBIQAP+? Á inversa, sabendo que as prácticas sexuais perseguidas son un negocio arriscado, ¿como incluímos o coidado no núcleo das realidades do trabalho sexual? ¿Como podemos crear unha visibilidade que non nos ponha en perigo?

Este espazo de grupo de trabalho foi concibido como un encontro trans*temporal, máis alá da mera identidade; un vínculo entre artistas, activistas prosex, trabalhadoreas sexuais e disidentes sexuais e de xénero.

* Incluímos o P de prostituta como punto de partida, abrazando a loita colectiva e silenciosa.

Ir o contido