Please wait… é unha peça de netart creada demde e para os momentos de soidade defronte da pantalha. Se este é o momento e estás sox diante da computadora navegando pela internet e queres facer unha pausa, vai a este link:
https://nontenxeito.net/please-wait.html
Please wait… nace neses intres nos que un cargador estanos a indicar que o contido que queremos ver aparecerá ante nós nos próximos segundos. Pero, ¿cánto tempo de espera podemos soportar? ¿cánto tempo daa nosas vidas dedicamos a esperar contidos que se cargan nas nosas pantalhas? ¿durante cánto tempo vemos xirar e xirar cargadores multimedia? ¿e se non se carga?
Dalgunha maneira quixen oferecer unha posible resposta a estas preguntas, á vez que se xeran outras…
Esta peça foi desenrolada coa linguaxe de processing demde a máis absoluta soidade defronte da minha pantalha.