Relacionarse a través de:
formar parte de:
ser uno con:
habitar la interfaz
¿la interfaz?
Trans|gender|glitch é un proceso-proxecto, unha pequena web, un álbum dixital, un espazo propio conectado onde reflexiono sobre a miña identidade dende a tecnoloxía, a visualización, a hiper-visibilidade na internet e a estética.
Estas imaxes nunca foron publicadas; simplemente existen e relacionanse, creando un relato múltiple e fragmentado nesta web, neste servidor.
Entre os anos 2012-2016, confluíron diferentes procesos vivenciais. Durante este tempo, pasei moito tempo diante dun ordenador aprendendo linguaxes de programación, desmontando imaxes, xogando con estéticas, deseñando e reflexionando sobre interfaces. Ao mesmo tempo, percorrin xéneros, mudei, resignifiqueime e… cando me decatei, tiña unha mestura de linguaxes a punto de estourar no meu disco duro, un revoltallo de ideas, palabras, imaxes e códigos relacionados que visualizo aquí.
É un eclipse vivencial transferido en imaxes e palabras entrecruzadas.
Un xénero glitch abarca o erro como principio creador de corpos e identidades disidentes.
Glitch/xénero/trans convértense nunha mestura máquina-código-animal na estética dixital e na relación coa autorrepresentación.
a beleza,
o erro,
o deslizamento,
e todas as marabillosas posibilidades que xorden a partir disto.