Desde o ano 2019 formo parte da Área de Programación do Centro LGTBI de Barcelona, formulando e impulsando propostas e traballando na creación, idea e conceptualización dos ciclos de programación do Centro, repensando e revisando constantemente as siglas LGTBI e o papel deste espazo institucional. Xerando espazos de diálogo, pensamento e acción sobre diversidades afectivas, sexuais e de xénero, e a súa intersección con outras identidades e estruturas de opresión (máis alá do LGTBI+ puramente identitario) a través da articulación de diferentes actividades como exposicións, mesas redondas, conferencias, talleres, ciclos de cine, etc. Así como no desenvolvemento e dinamización de proxectos de acción comunitaria e educación non formal.
A continuación pódense consultar os programas de todos os Ciclos dos que formei parte (contido en catalán):
2023 – Os nossos corpos son campos de batalha
2022 – Espiritualidades
2022 – Invisibilidades
2022 – Corporalidades
2021/2022 – Memoria. Ausenzas e presenzas
2021 – Xoves LGTBI+
2020 – Relatos sobre a identidade de xénero
2020 – Interculturalidade LGTBI. Diálogos por unha memoria plural
2019/2020 – Xente Positiva. VIH e sida. Relatos locais dunha historia global