Segunda participación no Summer of Labs 2012, o cuarto encontro da rede Arco Atlántico, realizado no Laboratório de Criaçao Digital, en Guimarães.
Como dizen, cada SummerLab ten unha enerxía diferente, nunca se sabe o que vai acontecer.
No anterior encontro tiven unha presencia máis activa na conformación do Nodo Montes Comunais, e desta vez apetecíame saír do ordenador, ficar como observadorx, aprender dos procesos e traballo dos compañeirxs.
Deste modo, tiven unha volta moi gratificante ó traballo manual, ós circuitos e soldaduras. Construíndo un amplificador (Crackel Box) nunha gaiola e un Micro-colgante no Nodo de Electrónica Creativa por cortesía do incondicional Tuni Panea.
Gaiola Crackel Box
Xoiaría creativa – Micrófono
E como soe pasar neste tipo de encontros, converxen lazos entre conversacións, proxectos e persoas que traemos na equipaxe de volta. A todos elxs, seguimos!
Máis info: