Bio

Xeito Fole, artista multimedia, investigador e axitador cultural cuir. As súas prácticas artísticas céntranse no cuestionamento da cultura en rede, dos medios dixitais e do seu impacto na representación das identidades na internet, destacando proxectos que ponhen en dúbida as identidades hexemónicas a partir do sistema sexo-xénero e de especie.

Os proxectos que desenvolve adoitan ter unha perspectiva crítica cun enfoque transversal entre arte, activismo, políticas culturais e educación. O seu traballo preséntase como un diálogo experimental e experiencial que emana da súa práctica política, de metodoloxías fragmentadas e de procesos de creación, resultando en pezas audiovisuais, sitios web, charlas, talleres, textos e/ou exposicións.

Traballador cultural que ensambla políticas transfeministas, educación artística e metodoloxías creativas como motor para pensar e actuar a nivel social. É formador, consultor e programador cultural experto en feminismos e LGTBIAQ+ con perspectiva de clase.

Vive e pensa lentamente, como principio e metodoloxía creativa en resistencia ante a velocidade neoliberal e o capitalismo atroz, prioriza os coidados des sues compas e amigues fronte á atomización do traballo asalariado e a produtividade.

Como traballador cultural, formou parte do Área de Programación do Centro LGTBI de Barcelona desde o 2019 até o 2023, formulando e impulsando propostas de intervención social e traballando na creación, idea e conceptualización dos ciclos de programación do Centro, repensando e revisando constantemente as siglas LGTBI+ e o papel deste espazo institucional. Durante este período tamén foi coordinador e dinamizador de Grupo para persoas trans* e non binarias do Centro LGTBI de Barcelona.

Durante este período, no ano 2022, comisariou xunto con Julia Pardo a exposición Feitizos e disidencias sobre espiritualidades queer.

Foi coordinador de proxectos na Asociación Acathi (Migración, refuxio e diversidade LGTBI+), durante os anos 2017 – 2019. Alí coordinou o Grupo de acompanhamento para persoas trans* en prisións de Cataluña (máis tarde ampliado a persoas LGTBI+). Formou parte do grupo de trabalho de revisión da “Guía de recursos para personas trans* da cidade de Barcelona” (2019).

Participa en diferentes proxectos colectivos como Cicle Viu (2022 – 2023), creando unha ponte entre as narrativas experimentais de directoras pioneiras da primeira metade do s. XX e a actualidade, a través de sesións de Live Cinema. VOCES LGTBI+ (2018) documental que recolle unha serie de entrevistas a persoas refuxiadas por razóns de identidade sexual ou de xénero, en colaboración con iDensitat. Vídeo en tempo real e imaxes de arquivo para obras colectivas de artes escénicas coma “La Travessia” (2016) ou “In Living Memory” (2015).

Cofundador do Colectivo Constelaciones xunto con Rita Buil e Andrea Olmedo, activo entre os anos 2012 e 2016, residente en Hangar (Barcelona, 2015) no programa de investigación aplicada cunha bolsa de Arte para a mellora social de La Caixa. Dendo onde crearon o Encontro Geoartivismos: Medios locativos, artes dixitais e acción social (2015) e premiades no Injuve (2012), ano no que tamén foron residentes no Centro de Artes Contemporáneas de Vic.

Nos últimos anos participou en diferentes faladoiros como “Metaversos 3.0” no (WOS Festival, 2021), “Desbordar os corpos e o xénero nas visibilidades tecnopolíticas” en Immaterial, encontro sobre realidades mediadas polo dixital (Tabakalera, 2020), “Identidades trans en prisión” nas Xornadas Anticarcelarias Transfeministas (EKO, 2021), “Posibles futuras utopías dende a arte” na Xornada de debate Els Tentacles del PostAntropocentriste (Grup AVA, 2019) ou “Relatos antiespecistas nas prácticas artísticas contemporáneas” (6th Conference for European Association for Critical Animal Studies, 2019).

En exposicións como “A institución dentro de min” (Mostra FemArt, 2020), Ciclo Performacula – Festival Transfronterizo de Performance y Política (Quito, 2020) Translucent Performance (Londres, 2019), ICE – Festival de Cine TransMarikaBollo (Barcelona, 2018), Exposición “Diversidade, xénero e sexualidades” (Porto, 2018), Mostra Bizarra – Xornadas Bizarras Jardunaldiak (Iruñea, 2018), Mostra Marrana (Ecuador, 2016).

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2010), e Máster en Artes Dixitais pola Universidade Pompeu Fabra (2011).

 

_000000__000000_
_00000000_00000000_
_00000000000000000_
_000000000000000_
_00000000000_
_00000_
_0_

non ten xeito

É umha expressom coloquial galega* que compreende umha grande variedade de conotaçoms contextuais. Nom existe um equivalente exato noutras linguas. Para aproximar o seu significado pode-se traduzir como “non leva caminho”, “non tem lugar nem modo” ou “non ten sentido”.

non ten xeito é a minha identidade, a única com a que me sinto nalgures.

É um estado de inconformidade que faz-me poscionar num límite difuso entre eu e a minha representaçom, onde ningumha definiçom encaixa, sempre em constante câmbio.

É umha expressom referida a algumha coisa de natureza extranha e de difícil adaptaçom da que me aproprio.

É a minha saída de emerxencia.

non ten xeito é a forma de me enfrentar/sobreviver/produzir sem perder a ironía que xa tem de por sí o espetáculo.

* Na forma galego-portuguesa do territorio da Galiza.

Nos dejaremos llevar

Ir o contido