Feira Imaxinaria 2012

Feira Imaxinaria 2012

De volta da Feira Imaxinaria 2012, despois duns días moi enriquecedores nun confluír de enexía creativa en estado puro. O encontro, que forma parte da rede Summer of Labs organizada polo Arco Atlántico, levouse a cabo no encantador alg-a Lab.

Un servidor e outrxs compis de Constelaciones trasladámonos ata alí para traballar na investigación e desenrolo dunha ferramenta de vídeo xeoposicionado con JavaScript e Software Libre. Xunto con Fran Quiroga e Dan Hauser unimos forza + vontade intercambiando saberes, ideas e perspectivas para comezar a definir o proxecto Visibilizando os Montes Comunais de Galicia, que se sirve das posibilidades da xeolocalización de archivos nun sitio web colaborativo para o intercambio de información.

E esta e a historia resumida dun fluír que deriva no inicio dun proxecto moi apaixonante, onde moitxs máis estiveron a debater con nós e seguen ahí ó pé do cañón.

Para non repetirme, deixo aquí a info do que aconteceu e do que está por vir:

Feira Imaxinaria en n-1

alg-a laboratório

grupo Nodo Montes Comunais en n-1

Blog Visualizando os Montes Comunais

Post no blog Constelaciones procesos

Larga vida á Feira Imaxinaria!

Larga vida á Cultura Libre!

Deixa um comentário

Ir o contido