Dende a minha fiestra

Dende a minha fiestra (referíndome á “Rear window” de Alfred Hitchcock), trátase dunha peza audiovisual gravada dende a fiestra indiscreta da minha sala de estar, unha acción de captura e observación voyeur da cotidianidade da vecinhanza. Sendo eu ao mesmo tempo, parte desta paisaxe público-privada que podemos ver dende os patios interiores dos bloques das vivendas na Barcelona.

Este exercicio da mirada activa a través da cámara, cuxa única intención nun principio era gravar o espazo, o baleiro entre os edificios e o que podería pasar alí; resultou amosar un claro sesgo de xénero nas tarefas que observamos e nos suxeitos que as realizan.

Estamos sendo constantemente e potencialmente vixiados; e as persoas que se dedican ao coidado e limpeza de vivendas están máis expostas a esta situación, formando parte dun panóptico sen ser moi conscientes diso.

O acto de observar e gravar esvaecese a través do olho-máquina onde o límite se confunde, convértese nun acto de vixilancia e a ficción dese acto.

Date: 2010 Skills: Vídeo
Ir o contido