Feitizos e disidencias

“Feitizos e disidencias” é unha exposición-aquelarre, un recorrido no que a arte devén un ritual máxico, unha ferramenta emancipadora da norma, un feitizo que cria nossa realidade e a transforma.

As dissidências que historicamente estiveron fora da norma, foron perseguidas por desafiar os mandatos sexuais, de xénero, coloniais, religiosos, sociais e culturais hegemônicos e acusadas de herexía. A mostra recupera estas identidades e histórias, que tamén son as nossas, ponhendoas en valor e visibilizando os relatos, corpos e práticas de meigas, magos, espiritistas e chamanas.

As obras dialogan entre elas para se converter en un mapa que nos sirva como ferramenta de reparación e sanación ao redor das nossas vivências como herexes. Nun claro exercicio queer, cuestionan e se reaproprian de elementos proprios de relixións e espiritualidades para construir un novo relato desde o que pensarmos, fazer caminho e invocar novos espazos para ser.

Curadoría a cargo de Julia Pardo e Xeito Fole.

Enlace á reportaxe “Feitizos e disidencias” (en catalán): https://beteve.cat/placa-tisner/exposicio-encanteris-i-dissidencies-mirada-queer-espiritualitat/

Ir o contido