Baixo a filosofía da cultura livre e as redes comunitarias DIY (do it yourself / faino ti mesme) e DIWO (do it with others/ faino con outres), este talher é un espazo onde compartillar conhecementos para resolver algúns problemas derivados da obsolescencia programada que afectan ás computadoras portátiles.
A obsolescencia programada é unha estratexia política do tecnocapitalismo que consiste na creación intencionada de falhas en aparellos electrónicos a corto-medio plazo para que queden en desuso, forzando así a compra dun aparelho novo sen ter en conta o impacto ecolóxico, económico e social, e perpetuando a explotación e o extractivismo colonial de corpos e terras para o beneficio de empresas e magnates.
Neste talher aprenderemos a detectar falhas e a cambiar algúns componentes de computadoras portátiles que ó cabo duns 5 o 7 anos comezan a funcionar con lentitude, para así alongar a vida dos nossos PC de maneira sinxela, e crearemos un espazo onde experimentar, empoderarnos, aprender xuntes e perder o medo a abrir os nossos equipos.