To shave like a real man

Na sociedade da cultura de rede existen centenas de milhares de tutoriais en vídeo que mostram técnicas de performatividade de xénero. Dentro deste tipo de vídeos e baixo o título “How to shave like a real man” ou “To shave like a real man”, podemos encontrar unha gran variedade de homes que explican con gran precisión como fazer o afeitado barba corretamente. Ó realizar esta acción, acostumam a dirixirse a “adolescentes homens cis”, reproduzindo así unha autoafirmación da súa identidade como “homes” por meio desa acción.

A construcción social dos xéneros e dos meios audiovisuais que usamos para nos expor e nos representar son unha tecnoloxía e como tal, podem ser hackeados, son inestables e fráxiles.

“To shave like a real man” é mais un vídeo tutorial para aprender a afeitarse, com algunhas particularidades que o distancian e ponhen en confrontación cós vídeos que fan parte deste xénero de “tutoriais de beleza” que podemos encontrar na internet .

O vídeo é sometido a un processo de glitching dixital, o aparecimento do erro/glitch pon en dúvida a unidade e a pureza dun sistema, revelando que este non existe como tal. O proceso de glitch é unha metáfora que revela a ficción da representación predominante, xoga coa desconstrución a nivel técnico da imaxe de vídeo e da acción performativa de xénero que esta a mostrar.

Date: 2013 Skills: Investigación, Multimedia, Vídeo
Ir o contido